TEATRO INFANTIL
UN MUNDO DE DIVERSIÓN
Público: nen@s de todas as idades
Duración: 1 HORA
Infraestructura: equipo de son, guiñol, decorado e monicreques, 2 actores, 1 malabarista, 2 músicos.
Sinopse: Andreíta é unha nena moi caprichosa que non se sabe divertir a pesar de que a súa habitación lle ofrece todo un mundo de posibilidades, para solucionar isto aparecerá a Duende Sicolina “experta en Diversión” que gracias á súa maxia e un pouco de imaxinación daralle vida a algúns dos seus xuguetes. Bromas, cancións, malabares, monicreques, música, conxuros, personaxes sorpresa… ¿Conseguirá divertirse Andreíta?
“O NOVO SÚPERCONTACONTOS”
Tipo de espectáculo: teatro para nenos con música e efectos en directo.
Público: nen@s de todas as idades.
Duración: 1 HORA
Infraestructura: equipo de son profesional, un teclado, decorado, guiñol, 1 títere, dous actores e un músico.
Sinopse: Un divertido conto que fai participar ós nenos das tolas aventuras do Duende Sico para converterse en contacontos: imitar as voces dos personaxes dos contos, facer equilibrismos, inventar feitizos, converterse en “Caio de Culus”… son só algunhas das probas que lle poñerá o Duende Máximus. Vai ter que esforzarse se quere ser o primeiro duende que logre converterse en “Súper Contacontos” nos últimos 3000 anos.
“O PAIASO SAMU E A DUENDE SICOLINA”
Tipo de espectáculo: espectáculo de paiasos para nenos que mestura a maxia do teatro para nenos e a frescura dun espectáculo clásico de paiasos.
Público: nen@s de todas as idades.
Duración: 1 HORA
Infraestructura: equipo de son profesional, dous actores e un especialista de son.
Sinopse: O paiaso Samu está de viaxe coa súa inseparable amiga a Duende Sicolina. Ainda que son moi amigos sempre se están chinchando un ó outro… unha broma por aquí, un feitizo por alí…non hai quen os controle.
“A VOLTA Ó MUNDO DO DUENDE SICO”
Tipo de espectáculo: teatro de proxección de sombras.
Público: nen@s de todas as idades.
Duración: 1 hora
Infraestructura: equipo de son profesional, pantaia de proxección (4 metros de ancho e dous metros de alto), Retroproxector e dous actores, 1 músico en un técnico de sombras
Condicións especiáis: Ó tratarse de unha obra na que se combinan actores reáis con sombras proxectadas é preciso un salón onde se poida apagar a luz por completo.
Sinopse: Unha divertida e orixinal obra de teatro con proxección de sombras. O Duende Sico viaxa por todo o mundo para axudar ó seu amigo Paquito, que é víctima dun malvado maleficio. Por sorte o noso protagonista irase atopando con multitude de personaxes que lle axudarán a sair airoso das situacións máis pintorescas.
“CANDO SICO ATOPOU A LÚA”
Tipo de espectáculo: teatro para nenos.
Público: nen@s de todas as idades.
Duración: 45 minutos.
Infraestructura: equipo de son profesional, decorado, dous actores e un especialista de son.
Sinopse: Duende Sico está de vacacións e por error acaba nunha illa máxica da que non pode escapar. Nesa illa coñece a Lúa, unha cadeliña máxica de cola longa. Os dous queren sair da illa pero para iso deberán unir os seus poderes máxicos. Espero que non desfalezan no camiño da “dor de barriga”…entre outros…
“NON SABES QUÉN ÉS”
Tipo de espectáculo: clown interactivo. Nesta entretida obra, o público xoga un papel esencial. Os personaxes que aparecen durante a obra serán os propios espectadores utilizando técnicas de teatro interactivo. Un clown (paiaso) e unha narradora moi orixinal, utilizan o humor e a sorpresa como ferramentas para chegar ó público de todas as idades.
Público: nen@s e adolescentes
Duración: 45 minutos.
Infraestructura: equipo de son profesional, decorado, dous actores e un especialista de son.
Sinopse: Divertido espectáculo clown que te sorprenderá e sacarche máis de unha risotada. Ven e desfruta coas peculiares reflexións dun clown con dudas existenciáis. O mundo é tan complicado que pode ser moi divertido enfrentarse a el.
“TOMASA, ¿QUE CHE PASA?”
Tipo de espectáculo: teatro para nenos. Fomento á lectura.
Público: nen@s de todas as idades.
Duración: 50 minutos.
Infraestructura: equipo de son profesional, decorado, dous actores e un especialista de son.
Sinopse: A pobre profesora “Tomasa” está desquiciada porque intenta explicarlle ó Duende Sico cómo se fai un libro e as partes que ten, pero el non está prestando moita atención… Menos mal que está rodeada de nenos que seguro que lle votan unha man.
"TRES DÍAS MIMOSOS”
“Mimoso” é un tipo moi curioso. Todos os días ocórrenlle cousas inesperadas que son tan surrealistas como divertidas. Nenos e maiores desfrutarán dun orixinal espectáculo que combina diferentes técnicas que sorprenderán ó espectador, ó mesmo tempo que lles sacará un gran sorriso. Maletas tolas, globos burlóns, ventos descontrolados, mazáns máxicas, transformacións inesperadas, habitacións invisibles, música en vivo, voces en off… son só algunhas das sorpresas que nos esperan.
QUEN DIXO CIRCO?
Tipo de espectáculo: Minicirco de rúa que combina animación, malabares (mazas, pelotas…), mimo, contorsionismo, equilibrismos, paiasos e música en directo.
Público: nen@s de tóda-las idades.
Duración: Unha hora
Sinopse: ¡Agarrense a butacas!!! O minicirco Duendesico a caba de chagar a cidade!!! As paiasas Rula e Tati presentan ós seus amigos Fede e Pau que nos farán disfrutar cos seus malabares tolos, amenizado co saxofón de Tom Chiringón. As risas están garantizadas.
Inicio
CONTACTAR
Mapa web








